Os talibáns matan a dous invitados dunha voda por poñer música

1 minutes read

Combatentes talibáns mataron a dúas persoas e deixaron nove feridos nunha voda en Afganistán. Segundo fontes oficiais o tiroteo produciuse porque os invitados reproduciron música. Segundo testemuñas, os fundamentalistas chegaron á voda e cribaron aos invitados. O suceso tivo lugar nunha zona rural da provincia de Nangarhar, no Leste do país. Varios membros das forzas de seguridade dos talibáns foron detidos.

Tras o incidente, os habitantes da zona evacuaron aos feridos ata un hospital próximo. Trátase do primeiro suceso deste tipo que se difunde desde que os fundamentalistas se fixeran co control do país.

Os talibáns chegaron a prohibir a música cando gobernaron entre 1996 e 2001, ademais de relegar ao fogar ás mulleres en base á súa estrita interpretación do islam e prohibirlles traballar ou ir á escola, algo que por agora non sucedeu abertamente. Aínda que polo momento a música non foi oficialmente prohibida en Afganistán, a gran maioría dos talibán consideran que está proscrita polo islam.