Os talibáns reúnense con delegacións occidentais en Oslo


Os talibáns abren conversacións cos países occidentais e a sociedade civil afgá faise oír. Activistas polos dereitos humanos e das mulleres están a reunirse con diplomáticos en Noruega para explicar as súas necesidades. Á vez, representantes do Goberno afgán comezaron tres días de encontros no país nórdico con delegacións occidentais.
Shafiullah Azam, vicedirector de Cooperación Económica do ministerio de Exteriores considerou esta cita unha forma de que Europa e Estados Unidos eliminen a forma «errónea» de ver ao Executivo islamita. «É un paso para lexitimar ao goberno afgán por parte destes países. En realidade, baseándose na propaganda de 20 anos, había algúns problemas en relación cos talibán, pero agora este tipo de invitación e comunicación axudará á comunidade europea, a Estados Unidos ou a moitos outros países para borrar a imaxe equivocada do goberno afgán». Unha aseveración que desmentiu o ministro noruegués de Exteriores, Anniken Huitfeldt.

Polo momento, ningún país recoñeceu o novo Executivo. Os talibán buscarán convencer a delegacións occidentais da necesidade de que liberen case 9.000 millóns de euros conxelados para atender a alarmante situación humanitaria que vive o país e que empeorou desde o mes de agosto. Segundo a ONU, 23 millóns de persoas, o 55% da poboación, está ameaza pola fame. A axuda internacional supón o 80% do orzamento afgán.