Os talibáns avanzan en Afganistán sen apenas obstáculos. Este mércores tomaron outras tres capitais das provincias de Badakhshan, Baghlan e Farah. O Goberno perdeu unha das principais bases militares na localidade de Kunduz. Cada vez son maiores as dúbidas sobre o seu control, despois de que as forzas internacionais fosen saíndo do territorio. As últimas tropas estadounidenses está previsto que o fagan a finais deste mes e levaron a bombardeos aéreos contra os insurxentes, pero evitando o corpo a corpo. En menos dunha semana estes fixéronse con nove capitais de provincia e xa controlan dous terzos do país. O presidente afgán, Ashraf Ghani, viaxou este mércores á provincia asediada de Balkh para buscar o apoio dos señores da guerra locais. A comunidade internacional está demando aos talibán que senten nunha mesa de negociación, pero isto parece difícil polo momento. Ao contrario, están a insistir que ninguén debe temer represalias nas cidades que están a tomar e que están a ser coidados nas súas accións para que non haxa vítimas. Pero segundo o Executivo, nos últimos dous meses desprazáronse pola violencia 420.000 persoas.
23