Os taxistas vigueses reciben o premio que recoñece a súa contribución ao éxito do Xacobeo


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, foi a encargada de entregar, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o premio que recoñece a contribución dos taxistas vigueses ao éxito do Xacobeo 2021-2022.

Emilio Mosquera, presidente da Asociación de Autopatronos do Taxi e da Cooperativa Central Radio Taxi Vigo, foi o encargado de recoller o galardón en nome dos profesionais do transporte no acto de presentación do Balance do Xacobeo 2021-2022.

Cómpre lembrar que durante o pasado ano circularon na cidade 220 coches rotulados co emblema do Ano Santo froito da alianza entre a Xunta e os colectivos de taxistas vigueses.