Os traballadores de Alcoa en pé de guerra


Apoiados polos operarios das empresas auxiliares, este martes cortaron os dous accesos principais á planta e despois prendéronlle lume ao cartel. Ademáis, en asemblea, decidiron bloquear a saída de aluminio da factoría. Os traballadores pídenlle á Administración central e mais á da Xunta que manteñan a presión sobre Alcoa para que acceda á venda da planta. E se non muda de postura, o que queren é que o Goberno central interveña a factoría para evitar a parada das cubas. Se a situación non varía, os traballadores comezarán unha folga indefinida na fábrica.