38
Os traballadores de Alu Ibérica A Coruña (a antiga Alcoa) protestaron este xoves cunha caravana de vehículos na cidade herculina para esixir que «se investiguen» as sucesivas vendas das factorías da Coruña e Avilés ante «unha situación límite».
Nunha concentración ante a Subdelegación do Goberno na Coruña, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, denunciou que sufriron «un engano terrible» tras a venda das fábricas por parte de Alcoa ao fondo investidor suízo Parter e deste ao Grupo Industrial Risco en menos dun ano, polo que esixen a «intervención» do Goberno central.