Os traballadores de Ferroatlántica de Cee volven saír á rúa

DPM.

Os traballadores de Ferroatlántica concentráronse este venres para reclamar o mantemento da produción e dos postos de traballo nas súas plantas de Cee e Dumbría.
A protesta coincidiu coa celebración dun pleno no concello de Cee, no que se aprobou unha moción para reclamarlle ao Goberno central que aprobe de maneira inmediata o estatuto das electrointesivas. Ademais pídenlle á Xunta que lle esixa á nova xerencia da empresa un plan de viabilidade, que garanta o futuro do complexo industrial.