Os traballadores non terán que entregar os partes de baixa nas empresas

0 minutes read

Neste 2023 haberá cambios na xestión das baixas médicas. Os traballadores xa non terán que entregar os partes de baixa nas súas empresas. Serán as propias compañías as que obteñan esa información directamente da Administración, de forma telemática. Os médicos entregarán só o certificado do empregado e non a copia para a empresa como se fixo ata agora. A medida entrará en vigor cando se publique no BOE.