Os transportistas bloquean de xeito «indefinido» os accesos á central das Pontes

Dirixentes políticos e sindicais, entidades empresariais da vila e asociacións de pais de colexios sumáronse á iniciativa pola que o colectivo de transportistas da central térmica de Endesa nas Pontes iniciou un bloqueo «indefinido» do acceso ao complexo, segundo confirmou o seu presidente, Manuel Bouza. A medida de presión comezou como acción sorpresa ante o anuncio de peche das instalacións en xuño. Manuel Bouza apuntou que os concentrados carecen de «data para levantar a protesta» e mostrouse disposto a «seguir cortando os accesos ata que senten cos afectados» as partes implicadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha