Os transportistas do carbón esíxenlle ao Goberno que reactive a central de Endesa

1 minutes read

Os transportistas de carbón do porto exterior de Ferrol á central térmica das Pontes retoman as mobilizacións. Piden que se reactive a actividade da central térmica de Endesa. A factoría leva máis de catro meses sen funcionar. A paralización débese, segundo a empresa, aos custos medioambientais. A normativa comunitaria obrígaa a pagar polo dioxido de carbono que libera a atmosfera. Unha factura que se duplicou no último ano e que fai que a Endesa lle resulte máis caro producir enerxia que estar parada. Nesta asemblea, os transportistas leron un comunicado en que piden unha transición enerxética menos prexudicial para os sectores afectados. Unha vez rematada a asemblea o colectivo dividiuse en tres para pecharse en tres concellos, no das Pontes, no de Ferrol e no de Vilalba.