Os tres edís enfrontados ao alcalde de Ponteceso retíranlle o seu apoio

Foto.- Cedida.

Os tres edís do PSOE en guerra co alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, remitiron unha carta á sede do partido socialista da Coruña para comunicarlle ao secretario da organización provincial, José Manuel Lage, a retirada do apoio ao rexedor.

«Por que seguen protexendo a Lois Garcia Carballido e ocultando información sobre todas as renuncias e a formación dunha nova Executiva Local en Ponteceso?», preguntan os tres concelleiros a Lage. Segundo estes, a anterior Executiva Local de Ponteceso dimitiu en bloque ao finalizar a lexislatura do 2019, formándose unha nova con persoas afíns a Carballido. Outra dimisión recente foi a do novo secretario xeral da Executiva Local de Ponteceso.

Susana Toja Blanco, Isabel Vuelta González e José Luis Pena Romay, os tres edís enfrontados a Carballido, sinalan que desde o ano 2018 o PSOE provincial é coñecedor do comportamento e as queixas de cara ao rexedor, e engaden que aínda «poden parar a situación esperpéntica que vivimos en Ponteceso». Ademais, resaltan que os verdadeiros e únicos responsables deste feito son o secretario provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Valentín González Formoso, e o secretario de organización, José Manuel Lage Tuñas.

Os concelleiros tamén se mostran preocupados polo trato a favor que recibe o alcalde nalgúns medios de comunicación, quen transmiten información nesgada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha