Os triatletas da A.D. Fogar manteñen a 2ª división masculina absoluta en Elche

1 minutes read

Nove triatletas da A.D. Fogar Carballo-Oleiros competiron a pasada fin de semana en Elche na terceira das xornadas da Liga Nacional de Tríatlon na que os da AD.Fogar vimos tomando parte na segunda división masculina por segundo ano consecutivo grazas en parte ao patrocinio Xunta-Abanca. Nesta xornada final de Elche os deportistas da A.D. Fogar foron 9º por equipos na proba super sprint con Adrián e David Sancho, Iago e Lucas Prada e Antón. Pedro López; 34º por equipos na remuda mixta con Irene Santomé, Rubén Otero, Balbina Tarrío e Pedro López e 7º por equipos no super sprint 2×2 con Adrián e David Sancho, Iago e Lucas Prada, Pedro López e Rubén Otero. Con estes resultados o equipo da A.D. Fogar masculino remata a liga na novena praza acadando así a permanencia na 2ª División Masculina de Tríatlon para o ano 2027.