Os últimos ataques israelís deixan 82 mortos máis na Franxa de Gaza

Seguen os ataques israelís sobre a Franxa de Gaza. Este sábado, unha nova ofensiva aérea provocou serias desfeitas nun edificio residencial situado en Rafah, cidade na que están a maioría dos refuxiados desta guerra. As persoas que se atopaban neste edifico foron evacuadas minutos antes do ataque. Con todo, as Forzas de Defensa de Israel bombardearon varias torres do barrio de Hamad en Khan Younis, ao sur da Franxa.

O campo de refuxiados de Nuseirat foi outro dos puntos atacados polo país hebreo. Todos estes movementos deixaron, en total, 82 mortos máis nas últimas 24 horas. O Goberno israelí asegura que o seu obxectivo non é outro máis que acabar coa infraestrutura de Hamás, razón que lle levaría a realizar os devanditos ataques. Pero non todas as mortes na Franxa son por lume militar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha