Os últimos datos do IGE manteñen o valor positivo do saldo migratorio en Galicia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou os últimos datos aportados por el Instituto Galego da Estatística,a través do seu balance de Indicadores Migratorios, xa que indican que Galicia mantén o valor positivo do saldo migratorio en Galicia cun valor favorable de 14.448 persoas.

Moi positivo é o feito de que dende 2016 a taxa de inmigración supere a de emigración en Galicia, tomando no ano 2021 os valores de 9,9 saídas por cada 1.000 habitantes fronte ás 15,3 entradas por cada mil habitantes, “o que ven a indicar que Galicia leva xa anos sendo un área de atracción para aqueles que desexan iniciar unha nova vida ou retornar á terra”.

A análise das idades medias das persoas que entran e saen de Galicia reflicte que dende o ano 2017 o proceso migratorio está a favorecer o rexuvenecemento da poboación galega, e de feito, ás idades promedio das persoas que chegan a Galicia é inferior á das que saen. No 2021, á idade media das que saíron foi de 37,8 mentres que as das que fixaron na comunidade autónoma a súa residencia foi de 38,2. “Deste xeito, os movementos exteriores, tanto co resto de España como co estranxeiro, producen un efecto de rexuvenecemento da poboación galega no 2021 en tódalas comarcas, o que dende a Xunta vemos como un dato esencial para a nosa demografía”, engadiu Antonio Rodríguez Miranda.

En relación aos galegos que residen no exterior, o balance de Indicadores Migratorios destaca que aínda que a poboación de nacionalidade española inscrita no Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro segue a crecer, faino grazas aos descendentes. De feito, só o 26,5%, dos que residen fora de Galicia son nados na comunidade autónoma, unha cifra que está a decrecer ano a ano, baixando así en case 2.500 persoas en relación a 2021, mentres o 72,6% naceu xa no exterior.

Neste senso, os países de América seguen a concentrar a maioría dos galegos, o 77,6%, mentres que Europa concentra o 21,5% do total. O 31% ten 65 anos ou máis, mentres o 9,5% ten 15 anos de idade ou menos. De feito, dúas de cada tres novas inscricións no Pere de galegas e galegos tivo lugar en América, e case o 84% das novas inscricións eran persoas nadas en terceiros países. O 60% das novas inscricións foron persoas menores de 35 anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha