52
- Para darse de alta será necesario enviar a mensaxe «Alta» ao 628 877 667
- Os usuarios non poderán realizar reclamacións ou suxestións a través desta aplicación
O Concello da Laracha pon en marcha un novo servizo de comunicación municipal a través de WhatsApp. Mediante esta aplicación as persoas interesadas recibirán novas, avisos e información sobre actividades e eventos de interese no ámbito local. Para darse de alta será necesario enviar a mensaxe «Alta» ao 628 877 667.
Desde o goberno local sinalan que este servizo de información é unha canle unidireccional, isto significa que os usuarios recibirán mensaxes pero non poderán realizar reclamacións, preguntas ou suxestións ao Concello. Para estes casos continúan activas as vías habituais: o teléfono 901 605 001, a web alaracha.gal ou a presencial.