Os veciños de Carballo xa poden cruzar a nova pasarela do parque do Anllóns

1 minutes read
  • De metal e máis alta, pretende solucionar os problemas de accesibilidade e mantemento

A nova ponte que cruza o parque do río Anllóns en Carballo xa está aberta ao público desde este mércores. Mentres que a anterior, que foi desmontada no ano 2020, era de madeira e máis baixa, esta é de metal e máis elevada (16 metros), polo que desde o goberno local aseguran que «non só solucionará os problemas de accesibilidade e mantemento que tiña a anterior, senón que tamén se axusta á necesidade de acometer actuacións que permitan reducir o risco de inundación nas beiras do Anllóns».

Os primeiros en pasear por esta infraestrutura, na que se investiron 44.000 euros, foron os concelleiros Milagros Lantes, Marcos Trigo e Juan Seoane.