Os veciños de Muxía prepáranse para espallar esperanza desde as súas ventás

1 minutes read
  • No concello tamén se tramitaron 8 sancións por un importe de 600 euros por incumprimento da corentena

Desde fai un par de días o Concello de Muxía está a facer un chamamento ós seus veciños para que este domingo día 5, ás 12:00 h. da mañá, colguen nas súas fiestras ou balcóns pancartas e carteis con mensaxes positivas para loitar animicamente contra o coronavirus.

O alcalde, Iago Toba, mostrou nun comunicado o orgullo que sinte por todos os que dunha forma ou outra participan nesta nova iniciativa, na que el tamén se inclúe.

O rexedor tamén lembrou este venres todas as medidas que se están a adoptar desde o goberno local para paliar os efectos desta crise. Por exemplo, destacou que este luns os operarios municipais comezarán unha desinfección e limpeza en todos os contedores do concello, mentres que se seguirán limpando as áreas con máis afluencia de xente.

Pero non todo é cor de rosa, xa que Toba sinalou que segue habendo algunha persoa que «utiliza a picaresca para incumprir as normas». Desde o concello mostran tolerancia cero con estes individuos e segundo os últimos datos, a Garda Civil e a Policía Local xa tramitaron 8 sancións por un importe de 600 euros.

Seguen activos todos os servizos municipais: o de axuda psicolóxica, asistencias de compras, emerxencias, etc.