O xuízo pola propiedade do pazo de Meirás, declarado Ben de Interese Cultural no 2008, está en marcha e está a ter certo interese entre os veciños do concello de Sada: «Xa era hora de que se celebrara e se resolva…» afirman.
Hai quen agarda que agora este pazo pase a formar parte dos bens públicos: «Nós queremos recuperalo». «Podería utilizarse como museo…».
Pola contra, hai quen desconfía de que, en caso de recuperalo, se lle saque rendibilidade: «Se llo quitan á familia Franco, vai quedar aí como pasou, por exemplo, co cárcera da Coruña».
Agora, uns e outros, agardan con impaciencia a sentenza para coñecer cal será o futuro deste pazo señorial.
Sentir da Deputación
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, participou este luns nunha concentración diante da sede xudicial da Coruña onde se celebra o xuízo para a recuperación do Pazo de Meirás e destacou que agarda que este sexa «o episodio final do espolio de Franco nese ben xa simbólico e un dos últimos de todo o que roubaron e aínda está nas mans da familia do ditador».