Os tractores poderán circular pola vía VG-1.5 Baio-Santa Irene durante a campaña de ensilado de millo

Concello de Vimianzo

  • Este tramo alternativo activarase o 16 de setembro con motivo das obras de ampliación na ponte de Baio

Con motivo das obras de ampliación da ponte de Baio, e tras o estudo de diferentes alternativas, a Dirección Xeral de Tráfico vén de autorizar o uso alternativo da vía VG-1.5 Baio-Santa Irene para aqueles vehículos agrícolas que traballen na campaña de ensilado do millo. A norma farase efectiva a partir do día 16 de setembro e a circulación deste tipo de vehículos estará unicamente permitida entre os puntos quilométricos 60+100 e 62+650.

A circulación por este tramo alternativo será unicamente en horario diurno e os vehículos agrícolas deberán cumplir, en todo momento, as normas de circulación propias. A DXT establecerá dispositivos especiais para o control do cumprimento de ditas medidas de circulación coa finalidade de garantir a seguridade e a fluidez do tráfico.

Related posts

A Deputación da Coruña apoia o traballo de Senda Nova e de Mar de Fábula, entre outras 20 asociacións medioambientais

O alcalde da Laracha participou no Senado no Acto do sétimo aniversario da Manifestación da España Vaciada

Vieiro imparte en Aspaber o seu programa “O Triángulo da Saúde”