- A restrición entrou en vigor este martes e permanecerá vixente ata finais de setembro
Desde este martes e ata finais de setembro queda prohibido o acceso de vehículos de máis de cinco metros ás rúas próximas á praia de Caión. A Policía Local procedeu á colocación da sinalización na que se advirte desta normativa dirixida a facilitar a circulación e tamén a optimizar os espazos de aparcamento dispoñibles nas inmediacións do areal. Ao igual que en veráns anteriores, desde o Concello recomendan «estacionar na zona da Ínsua, xunto ao centro sociocomunitario».
Controis policiais
Ademais, durante esta pasada fin de semana a Policía Local da Laracha interceptou dous condutores que deron positivo en cocaína e cannabis. Outros tres superaron a taxa máxima permitida de 0,25 miligramos de alcohol por litro de aire expirado. Nun dos casos o coche carecía de seguro e de ITV.
Durante os controis realizados tamén foi interceptado un condutor contra o que pesaba unha orde de detención e persoamento nun xulgado de Asturias por tráfico de drogas.