Os voluntarios do programa ‘Xacobeando’ chegan a Lalín


O programa Xacobeando trae ás diferentes rutas do Camiño de Santiago ata o vindeiro mes de outubro un total de 80 voluntarios. Proceden de España e, especialmente, de varios lugares de Europa, posto que o programa se enmarca no Corpo europeo de solidariedade. Actuarán en distintos grupos por camiños como o Francés, o do Mar de Arousa e Río Ulla, o da Vía da Prata, o Portugués ou o Inglés. Este mércores chegaron a Lalín seis mozos procedentes de varias partes de Europa, desenvolverán accións na Vía da Prata para promover e mellorar esta ruta co Camiño de Santiago. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do alcalde de Lalín, Xosé Crespo, foron os encargados de recibilos.