Os xogadores do CF Muxía serán os pregoeiros da Romaría da Virxe da Barca 2025

Con este nomeamento, o municipio quere recoñecer o labor e a entrega dunha entidade que representa con orgullo o deporte e a mocidade muxiá.

O pregón celebrarase o venres 12 de setembro ás 20:30 horas no Malecón, enriba do palco da orquestra, e marcará o inicio oficial das festas.

No acto intervirá tamén o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, en representación da Xunta de Galicia, institución que financia o proxecto co obxectivo de impulsar a internacionalización da Romaría da Virxe da Barca, unha das celebracións máis singulares e emblemáticas de Galicia.

O Concello de Muxía invita a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a compartir este momento tan especial, no que se conxugan tradición, identidade e futuro.

Related posts

O PSOE de Malpica denuncia que o Centro de Día de Buño continúa pechado tras tres anos cas obras rematadas

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño