Os Xogos de Toquio serán sen público


Os organizadores dos Xogos Olímpicos de Toquio decidiron celebrar o evento sen público nas bancadas debido ao repunte de contaxios na capital, e dando marcha atrás á medida anunciada hai dúas semanas de contar con ata 10.000 espectadores nos estadios. As ministra nipoa a cargo dos Xogos, Tamayo Marukawa, anunciou esta restrición sen precedentes nunha cita olímpica tras a reunión celebrada este xoves entre os responsables da organización e representantes dos comités olímpico e paralímpico internacionais. A decisión de vetar a presenza de espectadores en Toquio tomouse pouco despois de que o primeiro ministro nipón, Yoshihide Suga, anunciase a aplicación dun novo estado de emerxencia sanitaria por coronavirus na capital, que coincidirá coa celebración do evento.