Os Xogos Olímpicos de Toquio, adiados a 2021

O Comité Olímpico Internacional (COI) e o Goberno de Xapón acordaron aprazar ao redor dun ano os próximos Xogos Olímpicos, ante o impacto xerado na preparación dos atletas pola pandemia de coronavirus. Así o decidiron o primeiro ministro xaponés, Shinzo Abe, e o presidente do COI, Thomas Bach, nunha conversación telefónica que mantiveron este martes, na que estiveron presentes outros representantes das autoridades deportivas e políticas de Xapón. O COI mostrouse reticente ata a data, a pesar da presión de varias federacións nacionais que se negaron a participar este ano e á decisión doutros organismos, como a UEFA, que xa decidiu pospoñer a Eurocopa prevista para este verán.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha