Os xornalistas Maria Ressa e Dmitri Muratov reciben o Nobel da Paz

1 minutes read

Dous xornalistas que se xogan a vida pola liberdade de prensa recibiron este venres o Premio Nobel da Paz no Concello de Oslo: a filipina Maria Ressa, cofundadora do sitio de información Rappler, crítica co presidente Duterte, e o ruso Dmitri Muratov, redactor xefe do diario independente Novaia Gazeta. O galardón -unha medalla de ouro e dez millóns de coroas suecas, case un millón de euros- foi entregado nunha cerimonia reducida por mor da pandemia.
Ress,a que dedicou o premio a todos os xornalistas do mundo, destacou a necesidade de reconstruír o periodistmo do século XXI e eliminar o control económico que se beneficia do odio e as mentiras. Condenada por difamación e en liberdade condicionada, tivo que pedir permiso a varios tribunais para poder viaxar a Noruega. Tamén se entregou o Nobel da Paz do ano pasado ao director executivo do Programa Mundial de Alimentos David Beasley, pois o acto de 2020 foi anulado pola crise sanitaria.