Os xubilados reclaman en Vigo pensións dignas e residencias de maiores públicas

0 minutes read

Xubilados e pensionistas da CIG manifestáronse en Vigo para reclamar un trato digno aos maiores. Denuncian o desmantelamento e a privatización das residencias e da sanidade para facer negocio cos máis vulnerables. Reclaman pensións dignas e a creación dun sistema público galego de atención ás persoas que prime servizos para maiores en residencias, centros de día e nos seus domicilios, e que se faga con medios e traballadores públicos.