- O 016 é o teléfono gratuíto e sen rastro para o asesoramento en materia de violencia de xénero
A corentena aféctanos a todos por igual, e a algúns mesmo máis, como é o caso das vítimas de violencia de xénero, que teñen que convivir obrigatoriamente cos seus agresores.
Este luns o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do CGPJ fixo público o seu informe anual sobre violencia machista relativo a 2019, no que se mostra un máximo histórico anual dun 70,54% de sentenzas condenatorias, así como o incremento tanto das ordes de protección solicitadas e como das ordes de protección concedidas.
Durante o ano 2019, os xulgados españois recibiron un total de 168.057 denuncias por violencia de xénero, o que supón un incremento de 0,67 puntos respecto de 2018, cando as denuncias foron 166.936. As mulleres vítimas de violencia machista foron 161.378 (incremento do 1,76 por cento), das que eran estranxeiras 52.759, un 32,7 por cento.
O 72% das vítimas denunciaron a súa situación, mentres que a Policía interpuxo un 13 % do total de denuncias, os partes de lesións supuxeron o 9,58 % e a denuncia dos familiares, o 2,6%.
O Ministerio de Igualdade lembra á cidadanía que se coñece ou convive con alguén que estea a sufrir este tipo de violencia, comuníquese cos servizos estatais, que ofrecen asesoramento a través do número gratuíto 016.