Os Yacarcross continúan dominando o Campionato de Galicia de Rallymix

1 minutes read

En Cuntis obtiñan unha nova vitoria, a terceira xa da tempada para Alfonso ‘Pisko’ Ventín, que dominou a carreira desde o inicio sen titubeos, mostrando unha vez máis un gran ritmo de carreira, o que lle permitirá disputar o título da Clase A con Javier Ramilo ‘Kobas’ na derradeira cita de Barbadás, e que en Cuntis concluía segundo.

De feito, os pilotos dos Yacarcross marcaban o mellor tempo nas cinco pasadas disputadas ao treito mixto de terra e asfalto, con ‘Pisko’ vencendo en tres delas, ‘Kobas’ noutra e Abel Jurado, que rompía a cadea na primeira do sábado, a restante.

Ademais, esta proba servía para a estrea oficial dun dos novos coches realizados por Yacar, como era nesta ocasión o MG Metro 6R4 que pilotou Darío Calviño xunto a Raquel Rodríguez.