Xogou e formouse no Barcelona como técnico e representa unha proposta ofensiva, Óscar García Junyent ata tres veces lle dixo que non ao Celta, esta vez parece que será diferente.
Gañou dúas ligas e dúas copas en Austria, a liga de Israel e adestrou na segunda división inglesa clasificando o Brighton para o play-off de ascenso, que finalmente non logrou.
Óscar García coincidiu no Barcelona con Guardiola, Abelardo e Luis Enrique. Xogou ás ordes de Cruyff e de Van Gaal. Tamén pasou polo Valencia e o Español. Retirouse en 2005 e orientouse ó futbol de canteira: os xuvenís do Barcelona e a selección catalá sub -18.
En 2017 dirixiu ó Saint Etienne francés e dimitiu co equipo na sexta praza. O Celta será o seu primeiro equipo profesional en España.
Oscar García: «Non me gusta poñer presión sobre os xogadores». Presión vai haber, co Celta en descenso.