Oscar Lema, Mingui, novo adestrador do Bergantiños Xuvenil A

1 minutes read

Como xogador, Óscar militou no Cabana e no Buño, antes de ter a súa primeira experiencia como técnico en prácticas no Bergantiños, cando Javier Oreiro dirixiu ao primeiro equipo do club carballés. Posteriormente, adestrou a Cabana, Montañeros, Once Caballeros, selección coruñesa feminina (como axudante de Gueli) Victoria C.F., onde dirixiu aos xuvenís de Liga Galega e Liga Nacional. “Estou moi contento de poder abrir esta nova etapa nun gran club e ao fronte desta boa xeración de xuvenís”, declarou o técnico logo da súa chegada ás Eiroas. “Intentaremos responder á confianza con moito traballo e dedicación”. Terá como axudante e preparador físico a Arsenio Velasco.