Otegi recoñece a dor das vítimas de ETA


O coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, e o secretario xeral de Sortu, Arkaitz Rodríguez, mostraron este luns o seu “pesar e dor polo sufrimento padecido” polas vítimas de ETA, que “nunca debeu producirse”. “Queremos trasladarlles o noso pesar e dor polo sufrimento padecido. Sentimos a súa dor e desde ese sentimento sincero afirmamos que o mesmo nunca debeu producirse, a ninguén pode satisfacer que todo aquilo sucedese, nin que se prolongase tanto no tempo”. Otegi, encargado de ler a declaración en castelán, resaltou que, “desgraciadamente, o pasado non ten remedio”, e apuntou que “nada do que digamos pode desfacer o dano causado”.