Ourense xa non tiña limitadas as entradas e saídas, no caso de Lugo o comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia decidiu tras unha longa reunión celebrada este luns que xa poderá deixar atrás a mobilidade restrinxida. Así o determinaron os expertos, no encontro que presidiu o presidente da Xunta. Polo contrario as restricións máis severas serán para Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame, con limitacións contundentes para a hostalería así como para as entradas e saídas. Ademais, Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio alto de restricións, polo que a súa mobilidade tamén quedará afectada. Con vixilancia especial estarán Val do Dubra, Vedra, Padrón e Rois. Todas estas medidas publícanse no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste martes e entran en vigor á medianoite deste mércores.
Ourense e Lugo serán as dúas únicas grandes cidades galegas sen peche perimetral
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios. Monte Pío, Santiago de Compostela.