Ourense, epicentro musical coa celebración do OUR FEST Xacobeo 22 o 17 de setembro


OUR FEST converterá a Ourense no epicentro da música cun cartel que aúna a bandas, como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; e propostas punteiras a nivel nacional, como a de Julián Maeso Big Band que ofrecerá un concerto especial en formato Big Band. Os asistentes poderán gozar durante unha xornada moi completa de seis concertos que se prolongarán ata a noite, e no recinto dispoñerán de barras e zona gastro con diversas ofertas de restauración.

Esta primeira edición de OUR FEST Xacobeo 2022 está enmarcada en concertosdoxacobeo.gal, unha iniciativa que oferta música en directo de primeira calidade na que a cidade de Ourense súmase aos máis de 65 eventos por toda Galicia que se desenvolven entre os meses de maio e novembro de 2022. Máis de 300 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos. Para todas as idades, para todos os gustos.

As entradas están xa á venda a través de www.ataquilla.com cun prezo especial de lanzamento de 30€ + gastos de xestión ata esgotar a cota. Máis adiante pasarán a custar 40€ (+ g.g.).