Ourense estará cun 90 % de ocupación na ponte de decembro grazas ao AVE


Segundo os últimos datos dispoñibles, que corresponden ao pasado mes de outubro, constatan que máis de 30.000 persoas reservaron praza nese mes nalgún establecemento da cidade. Ademais, aumentou a estancia media, que xa supera os dous dúas de pernoctación.

As expectativas para a ponte confirman que Ourense se consolida como un destino de moda en Madrid.

Os hostaleiros din que o AVE está sendo revulsivo tamén por semana, para turistas maiores de 60 e para traballadores de empresas, do sector téxtil e vinícola, que agora fan máis uso dos servizos da cidade.