Unha muller de 37 anos faleceu esta madrugada despois de ser atropelada o pasado mércores na rúa Pena Trevinca de Ourense, cando cruzaba un paso de peóns. Aínda que foi ingresada de urxencia no Complexo Hospitalario de Ourense, non se puido facer nada por salvar a súa vida. Ao lugar desprazáronse efectivos de urxencias médicas para atender a esta persoa e varias patrullas da Policía Local. A rúa estivo cortada ao tráfico mentres se atendía á vítima.
Ourense | Morre atropelada unha muller de 37 anos
Imaxe dunha ambulancia 061