Ouro para os sub16 da A.D. Fogar no Galego de Campo A Través de A Rúa

1 minutes read

Este domingo 30 de outubro sete atletas da A.D. Fogar tomaban parte en A Rúa no Campionato Xunta de Galicia de Campo A Través Sub 16 por equipos; proba na que calaban unha máis que destacada actuación individual e por equipos.

7 representantes da A.D. Fogar subían ao 1º caixón do podio para colgarse a medalla de ouro por equipos e proclamarse así Campións Galegos Sub16 puntuando con ata 6 atletas en liña de meta; Anxo Bello como 4º clasificado, Hugo Souto na 6ª praza, Adrián Sancho na 8ª, Berket López na 12ª, Joel Barcia na 13ª e Michel Núñez na 14ª.

O podio masculino por equipos completábano a Atlética Lucense que acadaba a medalla de prata e o Atletismo Narón que se facía co bronce. Cumpre sinalar tamén que os da A.D. Fogar acadaron por segundo ano consecutivo a clasificación directa para o Nacional da modalidade a celebrar en Atapuerca o vindeiro 13 de novembro de 2022.