Outes celebra o XII aniversario do seu centro de día

Centro de día de Outes_Arquivo.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou este martes, acompañado do alcalde de Outes, Manuel González, no acto de celebración do décimo segundo aniversario do centro de día da localidade. Durante o mesmo salientou o bo funcionamento deste equipamento, un dos máis lonxevos da rede de centros de atención aos maiores da Xunta de Galicia

No acto déronse cita familiares, usuarios e persoal do centro, que participaron nas diferentes actividades programadas, como unha exposición fotográfica, actuacións musicais e unha merenda. O centro de día de Outes ten 30 prazas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha