Outes contará cunha nova residencia para persoas con discapacidade

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este venres as instalacións nas que se construirá a nova residencia para persoas con discapacidade de Outes, na que a Xunta inviste 2M€ e que será xestionada pola Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur). No acto de presentación do proxecto estivo acompañada do alcalde de Outes, Francisco Calo, do presidente de Adisbismur e do CERMI, Ramón Sestayo e do presidente de Cogami, Anxo Queiruga.

Este novo recurso de proximidade “permitirá que os usuarios poidan vivir preto dos seus fogares, na súa contorna”, dando resposta ás necesidades das familias de persoas con discapacidade da zona. Contará con 24 prazas distribuídas entre habitacións e pequenos apartamentos, e do proxecto que, favorecerá a autonomía persoal, a inclusión social e a creación de emprego.

A nova residencia emprazarase na antiga escola do Cruceiro de Roo, edificio que consta de tres plantas e que foi cedido gratuitamente polo Concello á entidade para a súa adaptación. O servizo contara con capacidade para aloxar a 24 persoas. A entidade é a encargada de elaborar o proxecto definitivo, da contratación e do seguimento das obras. O orzamento total do proxecto é de 2,3 millóns de euros.

Related posts

Belén do Campo pon en valor as casas do maior nunha visita ao Val do Dubra 

O BNG de Carnota denuncia o “progresivo desmantelamento” do servizo sanitario no municipio

A Asociación Española Contra o Cancro na Coruña presenta a Rede de Concellos Contra o Cancro