Outorgados os premios dos concursos de postais e contos de Nadal da Laracha

Os membros do xurado dos concursos de Nadal de postais e de conto convocados polo Concello reuníronse este xoves na biblioteca municipal da Laracha para valorar todos os traballos presentados entre ambos certames polos alumnos dos catro centros de educación infantil e primaria que existen no municipio. Dito xurado estivo formado por técnicos municipais e representantes dos colexios CEIP Otero Pedrayo da Laracha, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión.

Os doce premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores nun acto que se desenvolverá este sábado (21 de decembro) a partir das 12:00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Consistirán en xogos e en material educativo adaptado ás idades de cada un dos premiados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha