Outro partido de infarto | O Calvo Xiria perde pola mínima nas Palmas

Complicado rival o que lle esperaba nas Palmas ao Calvo Xiria, un balonmán Ingenio que xa terminara no mes de novembro coa condición de invicto do conxunto carballés. O deste sábado foi un encontro duro, de toma e daca, onde o Calvo Xiria foi superior en varios momentos do partido, incluso chegando con vitoria 14-16 ao descanso. Os primeiros minutos do segundo tempo o Calvo Xiria continuou dominante en xogo e resultado, chegando a alcanzar unha vitoria de catro tantos no luminoso. Xa no ecuador desa segunda metade o Ingenio veuse arriba aproveitando unha superioridade numérica na cancha chegando a facerse co control do encontro por un axustado 27-26. Bo traballo e pouca sorte para os de Adrián Dubra, que en todo caso continuan liderando a categoría.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha