Outubro volverá a ser ‘O Mes da Fundación’ Fernando Blanco de Lema, de Cee

2 minutes read

A Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, desenvolverá ao longo de todo o mes de outubro a 10ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2023”.
No ano 2013 os integrantes do Padroado da centenaria entidade ceense decidiron celebrar dun xeito especial o mes de outubro por ser este un mes cargado de simbolismo para a Fundación e para a vila de Cee, pois nel aconteceron dous dos feitos mais relevantes da historia da vila: o nacemento de Fernando Blanco de Lema un 18 de outubro de 1796 e a inauguración do Instituto que merecidamente leva o seu nome un 2 de outubro de 1886.
Ao longo de todo este tempo, e nas distintas edicións do programa, (celebráronse de xeito ininterrompido, agás a edición de 2020 que se tivo que cancelar por mor da pandemia) , pasaron por Cee personalidades relevantes nas súas distintas áreas de traballo a nivel autonómico, nacional e internacional, compartindo o seu saber con todos os asistentes ás distintas actividades que se programaron. Historia, ciencia, literatura, medicina e un longo etcétera foron algunhas das temáticas abordadas nas edicións pasadas, tendo sempre un protagonismo destacado a música e o teatro, por seren ambas as dúas grandes herdanzas culturais que naceron ao abrigo dos centenarios muros de pedra do Instituto Fernando Blanco e que hoxe, mais dun século despois, seguen a estar moi vivas e presentes no día a día da vila.

A estrutura desta 10ª edición e similar a de pasados anos, artellándose un programa específico para os distintos niveis educativos de tódolos colexios do Concello de Cee a desenvolver en distintos días lectivos, e outro programa para o público en xeral e que se desenvolverá os sábados 7, 14, 21 e 28 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?