Ovidio Rodeiro mantivo un encontro de traballo co alcalde de Laxe

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo unha reunión de traballo co novo alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón. Este encontro responde á aposta da Xunta de seguir impulsando o diálogo entre administracións co obxectivo de garantir unha atención próxima e de calidade.

O delegado territorial informou a novo rexedor dos distintos programas, axudas e iniciativas que a Xunta pon a disposición dos concellos para colaborar no mantemento do seu día a día e para facer inversións.

Neste senso, ambos se comprometeron a intensificar os contactos para conseguir que este concello poida obter as distintas achegas que as consellerías poñen a disposición dos goberno locais para levar a cabo inversións e para financiar servizos municipais co apoio do ente autonómico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha