Ovidio Rodeiro participa nun programa da ‘Radio na Biblio’ no CPI As Revoltas en Cabana


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño, participou nun dos programas da Radio na Biblio no CPI As Revoltas en Cabana de Bergantiños impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Este programa se inclúe dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas (Plambe) no que está incluído este CPI que ten como obxectivo aportar un apoio extra, por parte da Administración educativa, para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios e para a prestación dos servizos da biblioteca

Radio na Biblio busca que o alumnado avance na adquisición de competencias internacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedad actual. Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como centros creativos de aprendizaxe. Ademais, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo na comunidade educativa.

Ovidio Rodeiro apuntou que “a posta en marcha de radios en centros educativos ten demostrado ser unha boa ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, de apoio aos proxectos do centro e dos traballos elaborados polos alumnos”.