Oza-Cesuras e Coirós acollerán un novo obradoiro de emprego que formará a 20 persoas

1 minutes read

Oza-Cesuras e Coirós acollerán un novo obradoiro de emprego que formará a 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en atención sociosanitaria a persoas dependentes.

As persoas desempregadas que participan nestes programas -desenvolvidos con financiamento autonómico por concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e un contrato de traballo. Unha vez remata o obradoiro, teñen oportunidade de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación.

Con esta ferramenta incídese ademais na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, entre outras, emigrantes retornadas; mulleres; vítimas de violencia de xénero; persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas de longa duración; con discapacidade; maiores de 45 anos; ou traballadoras e traballadores que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.