42
O Bergantiños FC informou que o xogador Pablo Agulló, ata este luns o capitán do equipo, causará baixa para a nova temporada. O club agradécelle o seu incansable traballo, esforzo e o seu gran compromiso mostrado nos 5 anos que estivo defendendo as cores do Bergantiños. Amais deséxanlle moita sorte no seu novo proxecto e retos.
Diego Cotelo, nova incorporación
O porteiro carballés, formado nas Escolas Luis Calvo Sanz e na base Bergan, volve á casa para firmar por unha temporada no club. Cotelo comezou a pasada temporada no Atlético Coruña Montañeros, rematando a competición nas filas da SD Fisterra. Tamén estivo defendendo a portería do CD Estradense e na tempada 20/21, aínda como xuvenil, no CD Conxo.