Pablo Alborán pospón os seus concertos na Coruña por Covid


Pablo  Alborán informou a través das súas redes sociais que se ve obrigado a pospoñer os concertos máis inmediatos da súa actual xira acústica tras dar positivo en covid-19, entre eles os dous programados no Palacio da Ópera da Coruña os días 1 e 2 de maio. Alborán atópase actualmente sumido nunha xira por teatros de toda España, protagonizada polos grandes éxitos da súa carreira e con dúas partes diferenciadas: unha primeira a soas coa súa guitarra e o seu piano e unha segunda xunto aos seus músicos.

“O cantante atópase ben, desexando recuperarse pronto para continuar a súa xira”, precisa o conciso comunicado, que empraza a máis adiante para coñecer as novas datas das actuacións aprazadas, para as que seguirán sendo válidas as entradas xa adquiridas.