O PSdeG alerta de que Galicia pasou da segunda posición á 14 do Estado

1 minutes read

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, acusou este xoves a Feijóo de ter deteriorado “en picado” a calidade de goberno de Galicia durante a súa etapa. De acordo co índice de calidade de goberno da Universidade de Gotemburgo, financiado pola Comisión Europea, Galicia pasou do segundo lugar en 2010 a ocupar o posto 14 das 17 comunidades autónomas no informe de 2021, “moi por debaixo da media estatal”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión para urxirlle á Xunta que “mellore unha administración que con demasiada frecuencia entorpece en lugar de dinamizar”, e reivindicou a posta en marcha de “mecanismos básicos de control e institucións independentes, que son elementos básicos para definir unha democracia como tal, e non algo meramente formal como sucede en Rusia”.