Pablo Arangüena critica o ritmo inversor da Xunta no CHUAC

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, criticou na Coruña que a Xunta só consigne 20 millóns de euros para o Chuac nos seus orzamentos para o ano que vén, dos 420 millóns que require a obra. “A este paso, a ver se acaba en 2040”, incidiu o dirixente socialista, non sen recordar que o Chuac é o hospital de referencia para a cidadanía de 37 concellos da contorna coruñesa. Fronte a esta falla de compromiso da Xunta coa Coruña, que se comproba no feito de que nos últimos catro anos só fixo unha pasarela peonil na cidade, Arangüena puxo en valor as inversións “históricas” contidas nos Orzamentos Xerais do Estado. A xeito de exemplo, enumerou a rebaixa nas peaxes da AP-9, dotada con máis de 60 millóns de euros; a pasarela de Pedralonga, que supón a primeira fase da ampliación da avenida de Alfonso Molina; e os 24 millóns de euros consignados para o saneamento da ría do Burgo que se sumarán a outra partida idéntica para concluír as obras o ano que vén.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha