40
O deputado socialista e «número un» do PSdeG pola Coruña, Pablo Arangüena, iniciou unha corentena preventiva tras os casos positivos de coronavirus rexistrados entre distintos parlamentarios do Congreso.
Arangüena explicou que se trata dunha «corentena voluntaria» e que non presenta «ningún síntoma» pero que entende que debe adoptar esta medida «por precaución» tras os casos rexistrados na Cámara baixa. E é que ao longo das últimas semanas coñecéronse varios positivos entre os representantes do Congreso, como o caso da ministra de Igualdade, Irene Montero; a expresidenta Cámara baixa, Ana Pastor; ou varios dos responsables de Vox, como o seu líder Santiago Abascal.