Pablo Casado, dixo este martes lamentar “todo o que fixese mal” á fronte do partido pero tamén criticou a “reacción” que houbo na súa contra dentro do PP por mor da crise interna: “Creo que non a merezo”. Casado asegurou que ten a «conciencia tranquila» e «sen rancor» e prometeu «lealdade» “para o que se decida facer no futuro”. As súas palabras na Xunta Nacional do PP foron acollidas coa ovación dos asistentes, que se puxeron de pé. Casado afirmou traballar «sen descanso», polo que dixo ter «a conciencia moi tranquila» e «chea de agradecemento, sen rancor nin frustración». «Permitístesme estar na historia de España, á beira de Fraga, Aznar e Rajoy. Á beira de lidéres europeos e americanos da nosa alianza política. E sobre todo ao voso lado», concluíu.
39